Blogia
Andresadas

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Non sabedes todos vós canto lamentei non poder estar nas gradas do Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela... Por fin voltaríamos ver tódolos santiagueses, ese estadio cheo por completo, ó igual que estivo nos tempos nos que a Sociedade Deportiva Compostela estaba na Primeira División. Por iso, e porque ademáis, despois de, nada máis e nada menos que sesenta e nove anos que a Selección Galega de Fútbol non xogaba un amigable... E este foi ante Uruguai, terra na que moitos dos nosos paisanos están a vivir por mor da emigración, e noutras circunstancias, do exilio...

Para ser francos, a selección charrúa, non era a bicampiona do mundo dos anos 30 e 50, senón que enfrontámonos ante unha selección abatida tralo fiasco de non podere clasificarse para o Mundial de Alemaña, e con ausencias tan notables coma as de Nestor Fabián Cannobio (xogador celtiña), Diego Forlán (do submarelo amarelo), e o Chino Recoba (xogador do Inter de Milán)... Pero os galegos si tivemos o noso Chino, Roberto Losada, aínda que este non andou moi fino ca porta uruguaia... Pero si Nano... O coruñés rematou ó fondo das redes un centro de Xulio Álvarez que supuxo o un a cero... O primeiro gol galego dende hai case 70 anos!!!!

Sinceiramente, non esperaba que a selección galega xogase dese xeito... O comezo do partido, o equipo custáballe moito saír co balón xogado, aínda que co paso dos minutos puidemos ver unha escadra que movía o esférico ó primeiro toque, e que deixaba detalles de calidade, sobre todo por futbolistas coma Pablo Álvarez, Emilio Viqueira ou Borja... Ademáis, debemos ter en conta, que dous pilares básicos do equipo galego non estaban dispoñibles, coma Borja Oubiña e Fran, que estaban tocados e non podían desputar este encontro. O amigable tamén o perdeu o goleador do Glasgow Rangers, Nacho Novo (non o actor, un futbolista... Laughing)

Na segunda metade, un equipo totalmente novo, entrou xa con gañas de remata-la festa. Deus, xogador que chegara rebotado tralas ausencias doutros xogadores que non estaban dispoñibles, fixo o segundo gol, tras un excelente pase de Juanito, o xogador do Racing... E o mesmo Deus sería o encargado de marcar o terceiro... Un gol para enmarcar... Túnel de Viqueira a un rival, pase a Michel Salgado, e o madridista, centra coa dereita por alto, de xeito que Deus remata de volea sen que o gardamallas Carini nada puidese facer... Tres a cero... Tres a cero a Uruguai... Isto é incríble... Boeno, ademáis, os uruguaios marcaron dous goles, ó final do partido, tras dous despistes de Noguerol, nos que o gardameta Roberto do Sporting de Xixón, nada puido facer...

Pero ó máis importante non é a victoria... O máis importante é ver unha afición galega, cantando Queixumes dos Pinos para empezar, e logo Eu traio unha borracheira... Máis tarde A Rianxeira... Vai o jol, ajora vai o jol.... Un verdadeiro festival no que tódolos galegos desfrutaron do millor fútbol... E que haxa moitos máis...

 

2 comentarios

eue -

Eu sinto non coincidir contigo, jr, pero a única selección que podo chegar a ver como miña é a galega. Penso que neste estado hai varios países, e daquela debería de haber varias seleccións

jr -

galicia aínda ten bos xogadores, claramente fáltalle profundidade no banco, pero dende o meu punto de vista ten un once moi competitivo. Eu non creo nas seleccións territoriais, para pasar o tempo está ben.
Neste país só hai unha selección, que é a española e é a miña.

saúdos andresinho e a polo mundial